i-Buddy leva o Messenger ó novo escritorio dun xeito orixinal e animado

venres, 5 de outubro do 2007 Marcus Fernández

Os usuarios do Messenger de Microsoft poderán darlle unha maior integración nos seus escritorios grazas ó novo i-Buddy, que é un dispositivo USB que se conecta ó ordenador e que nos permite coñecer o estado dun dos novoss contactos do programa de mensaxería instantánea, e mesmo detecta as emoticonas enviadas durante as conversas reaccionando movendo as súas alas ou iluminándose de distintas cores como reflexo do que acontece na fiestra do programa.
O i-Buddy mide 4,5 x 7,5 centímetros, é compatible con Windows 2000, Xp e Vista, pero aínda non se coñece o seu prezo de venda nin data de lanzamento.

PUBLICIDADE