iLibertyX fai moi doado liberar os iPhone e iPod Touch

xoves, 27 de marzo do 2008 Marcus Fernández

Os usuarios de terminais iPhone ou iPod Touch xa teñen unha nova opción para liberar os seus dispositivos, iLibertyX, que promete ser aínda máis sinxelo de empregar que o ZiPhone.
A nova ferramenta, que se atopa dispoñible tanto para Windows como para Mac OS X, permite activar, liberar e desbloquear calquera iPhone (soportando dende os primeiros firmwares ata os últimos) e mesmo pecha de xeito automático os programas que poidan crear conflictos durante o proceso.
Para utilizar a aplicación só hai que descargala, executala, conectar o iPhone ou o iPod Touch e marcar o que queremos facer co dispositivo, encargándose o programa de toda a operación sen máis intervención por parte do usuario.

PUBLICIDADE