iXtreamer leva ao televisor contidos multimedia de terminais de Apple, discos duros e a Rede
xoves, 18 de novembro do 2010
Para levar o
contido dun iPod Touch, un iPhone ou un iPad ao televisor existen distintas
solucións baseadas en cables, pero para evitar o ter que andar conectando e
desconectando ao noso televisor estes conversores chega o iXtreamer, un dock para terminais multimedia de Apple
que é capaz de levar os contidos audiovisuais ao televisor á vez que funciona
coma reprodutor multimedia con conectividade Wi-Fi N para acceder a contidos en
rede, aÃnda que tamén podemos acceder a vÃdeos almacenados en discos duros
externos grazas aos seus 2 portos USB e incluso conta con espazo para un disco
duro interno SATA de 3,5 polgadas. Nestes últimos casos o iXtreamer é capaz de
reproducir vÃdeo a 1.080p en múltiples formatos (coma imaxes de Blu-ray ou
vÃdeos en DivX e MKV) e, para rematar a faena, tamén permite acceder a contidos
en liña coma emisoras de radio por Internet e incluso televisións en directo
(sendo incluso capaz de reproducir pelÃculas e series de televisión de
MegaVideo).
O prezo deste dispositivo é de 175 euros máis gastos de envÃo, ou sexa, 199
euros, e podemos ver as súas caracterÃsticas detalladas no seguinte vÃdeo:
- O iXtreamer é un xeito doado de levar os vÃdeos do iPad ao televisor
- O dispositivo conta cunha completa conectividade