A PlayStation 3 estará dispoñible en 2 novas cores
luns, 4 de febreiro do 2013
O
terceiro deseño da PlayStation 3 chegou ás tendas
españolas en cor branca a semana pasada, e para continuar a mellorar a
diversidade cromática da consola doméstica de Sony, confirman agora que a
partir do vindeiro dÃa 20 tamén vai estar dispoñible o seu modelo con 500 Gb de
disco duro en 2 novas cores: vermello e azul. As consolas incluirán un
mando Dual Shock 3 da mesma cor que a carcasa da PlayStation 3.
Resulta curioso o feito de que estas novas cores de PS3 anunciáranse
previamente no Xapón, pero que vaian chegar alà unha semana despois que a
España e nun modelo de menor capacidade (250 Gb).