A PlayStation Store inicia as súas rebaixas de primavera
mércores, 3 de abril do 2019
A primavera meteorolóxica xa chegou, e na PlayStation Store
celébrano con rebaixas
en xogos en formato descargable, de xeito que a partires de hoxe poden adquirirse
unha grande variedade de xogos para PlayStation 4 con grandes descontos, tanto
nas súas versións estándar como en
moitas das súas versións de luxo.
Nestas rebaixas de primavera podemos destacar que o xogo Marvel’s Spider-Man pode adquriirse por 39,99 euros (o que supón
unha rebaixa do 43%); GTA V Premium
Online Edition está dispoñible cun 73% de desconto, quedando en 14,99
euros; Assassin’s Creed Odyssey
ofértase a metade de prezo (quedando en 34,99 euros); Far Cry 5 pode mercarse por só 19,99 euros (ou sexa, cun 71% de desconto);
Detroit Become Human Digital Deluxe
Edition ten unha rebaixa do 57% quedando en 29,99 euros; A Way Out pode mercarse por 19,99 euros;
The Crew 2 ten unha rebaixa do 74%
quedando o seu prezo en 17,99 euros; e incluso Watch Dogs 2 queda nuns ridÃculos 9,99 euros, de xeito que moitos
usuarios que dubidasen se facerse con algúns destes tÃtulos teñen agora unha
magnÃfica oportunidade, que en moitos casos vese mellorada grazas a descontos
adicionais de seren subscritores de PlayStation Plus.
VÃdeo promocional das rebaixas de primavera da PlayStation Store