A USC lanza axudas para garantir a teleformación de todo o seu alumnado
xoves, 26 de marzo do 2020
- O Campus Sur de Santiago, baleiro de estudantes por mor da crise sanitaria nunha imaxe de Santi Alvite
A
Universidade de Santiago anunciou esta semana que impulsará unha
serie de axudas para evitar que haxa unha fenda dixital entre o
alumnado que ten acceso a Internet e que polo tanto pode seguir cos
estudos en teleformación, e o alumnado que non ten posibilidade de
conectarse á Rede. A
liña de axudas manterase mentres dure esta situación excepcional do
estado de alarma polo COVID-19, informa a USC, que engade que os
recursos de apoio diríxense a “garantir a conexión a Internet do
alumnado para que poida prolongar a docencia a través das canles
tecnolóxicas”.
O
novo paquete de medidas anti-pandemia tamén inclúe a
suspensión do cobro das cotas a todos os residentes do SUR (Sistema
Universitario de Residencias) e usuarios do resto de servizos, e máis
a a creación dunha
Oficina Virtual de Atención, destinada a “dar mellor servizo a
toda a comunidade universitaria”, onde se atenderán demandas de
información por vía telefónica, correo electrónico e WhatsApp.
A
maiores, deuse forma a
unha páxina web de Preguntas Frecuentes que está sendo
actualizada para que os membros da comunidade da USC estean
permanentemente informados.
Traballo
en remoto
Por
outra banda, a maiores do devandito habilitouse outro
espazo en liña informativo sobre traballo en remoto que
recompila recursos a disposición do profesorado e o alumnado que
serán decote actualizados. Nesta liña, están a elaborarse
titoriais que permitan coñecer mellor as ferramentas para a docencia
en remoto e que
se están a publicar na canle de Youtube oficial da USC.