A Xunta quence motores para comezar co primeiro apagamento analóxico
venres, 15 de xaneiro do 2010
A poucos dÃas de que comece a aplicarse no noso paÃs o apagamento analóxico
definitivo, co conseguinte acendido dixital (lembremos que o vindeiro luns
comezará nas zonas de Ourense Leste, Santiago, Meda e Ares), o secretario xeral
de Medios, Alfonso Cabaleiro Durán, vén de comparecer perante os medios de
comunicación para dar conta de todas as actuacións e xestións realizadas pola
Xunta para realizar con éxito esta revolución tecnolóxica.
Cabaleiro aproveitou a ocasión para destacar o esforzo que está a realizar
o Goberno galego, conxuntamente con Goberno central, para que este proceso
conclúa favorablemente, e na reunión cos medios, na que tamén participaron o
subdirector xeral de EnxeñarÃa e Planificación de Telecomunicación, Radio,
Televisión e Multimedia da Xunta, Ignacio Otero, e o director técnico de
Retegal, JoaquÃn Alonso, explicou polo miúdo o proceso de implantación da
televisión dixital terrestre no noso paÃs, e lembrou que nesta primeira oleada,
ademais dos concellos das provincias da Coruña e Ourense, tamén sairán
benficiados algúns municipios de Lugo e Pontevedra.
Segundo sinalou o secretario xeral de Medios, e tal e como anunciamos
recentemente, este
primeiro proceso de apagado analóxico das fases I e II farase de xeito
gradual, desde o vindeiro 18 de xaneiro ata o 1 de febreiro, para continuar co apagado
das zonas do Páramo e Domaio, correspondentes á fase III, que beneficiará aos
concellos de Pontevedra e Lugo, aÃnda que tamén a algúns municipios das
provincias da Coruña e Pontevedra.
O obxectivo, lembrou o secretario xeral de Medios, é que o vindeiro 3 de
abril estea totalmente rematado este proceso de apagado analóxico.
Cabaleiro Durán lembroulle aos asistentes que o Goberno que representa, co
obxectivo de dar respostas máis áxiles ás posibles dúbidas que lle poidan
xurdir sobre este proceso aos cidadáns, intensificou
o servizo de atención telefónica sobre a TDT a través do número de información 012,
que se suma á xa existente Oficina Técnica da TDT.
Asemade, as persoas que requiran información precisa sobre esta tecnoloxÃa,
poderán chamar ao 981 572 154, ao teléfono de atención ao usuario de Retegal,
901 333 111 ou consultar a web www.tdtgalicia.es.
A implantación da televisión dixital terrestre representa novas vantaxes
para os usuarios posto que permite, entre outras moitas vantaxes, recibir máis
canles de televisión, obter unha mellor calidade de imaxe, recibir novos
servizos engadidos e a recepción móbil e portátil.