A baterÃa das futuras Switch 2 será doada de substituÃr
xoves, 4 de xuño do 2026
Cada vez son máis os dispositivos electrónicos que se adaptan á lexislación europea para evitar a proliferación dos refugallos electrónicos facilitando a reparación de produtos, especialmente no que se refire ás súas baterÃas, e a última compañÃa en confirmar que adoptará medidas é Nintendo.
O fabricante nipón vén de confirmar a través da súa páxina web a súa cooperación coas entidades comunitarias, apuntando que adoptarán medidas para cumprir o regulamento europeo que obriga a que a partir do 18 de febreiro de 2027 os consumidores poidan substituÃr de xeito doado e en calquera momento da vida útil aquelas baterÃas que veñan integradas en determinados dispositivos.
Nintendo explica que os produtos con número de modelo que comeza por BEE (ou sexa, as consolas Nintendo Switch 2) contará con versións que cumpran cos requisitos, que disporán de números de modelos únicos e levarán o código suplementario OSM claramente visible no embalaxe para que se distinga que son acordes coa lexislación europea.
Que a Nintendo Switch 2 vaia contar cunha baterÃa doada de substituÃr polos usuarios é unha grande nova, e distintas fontes apuntan a que ese tipo de versión da consola, aÃnda que comece a súa comercialización en Europa, poderÃa rematar sendo o modelo global, xa que a reparabilidade é unha prestación cada vez máis demandada polos usuarios.
