A directora da AMTEGA reúnese co presidente de AMETIC

venres, 21 de xuño do 2013 Redacción

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Mar Pereira, mantivo unha xuntanza co presidente da Asociación de Empresas de Electrónica, Tecnoloxías da Información e as Telecomunicacións e Contidos Dixitais (AMETIC), José Manuel de la Riva, na que abordaron os retos do sector tecnolóxico no contexto actual e como elemento tractor do resto de sectores produtivos. Dende AMTEGA deron conta das iniciativas da Administración autonómica encamiñadas a través da Axenda Dixital 2014.gal e destacaron a importancia do sector TIC galego na modernización da nosa autonomía.
AMETIC é unha asociación líder a nivel estatal, con máis de 5.000 empresas asociadas que suman máis de 386.000 empregados, e cunha actividade que supón preto do 7% do produto interior bruto español e cunha importante contribución ao I+D privado. Entre os seus obxectivos está a promoción do sector da electrónica, as TIC e os contidos dixitais.

PUBLICIDADE