A funda do LG G5 permitirá contestar chamadas coa tapa pechada
xoves, 11 de febreiro do 2016
A chegada do Always ON no LG G5 captou bastante interese, e
parece que vai ser a porta a outra innovación de LG, compañÃa surcoreana que anuncia
agora a nova funda con tapa para o LG G5, que non se limitará a presentar
unha fiestra que permite amosar un anaco da pantalla como as anteriores Quick Cover,
senón que o material que cubre a pantalla do móbil será unha grella
semi-transparente que permitirá contestar chamadas e controlar a configuración
de alarmas sen ter que abrir a funda.
Esta nova funda non só protexerá ao LG G5 de agresións externas, senón que
tamén o dota dunha aparencia elegante, xa que ten un acabado metálico brillante
que fai que o teléfono pareza un produto de luxo, casando asà moi ben funcionalidade
e estética.