A versión ultraportátil de Ubuntu substituirá OpenOffice.org por Google Docs

luns, 8 de febreiro do 2010 Marcus Fernández

As distribucións de Linux orientadas a ordenadores ultraportátiles de baixo custo buscan xuntar aplicacións que consuman poucos recursos de sistemas e adáptense ás reducidas dimensións e resolucións de pantalla, pero o último cambio que están a preparar para a versión 10.04 de Ubuntu Netbook Edition está a resultar, cando menos, discutible, pois substituirían o paquete OpenOffice.org por Google Docs, o que claramente suporía un uso menor de procesador e disco e dependería excesivamente, non só da conectividade á Internet, senón tamén dun servizo externo (lembremos que moitos defensores do código aberto consideran que os servizos web son máis restritivos que o software propietario).
Está claro que calquera usuario que instale o Ubuntu optimizado para ultraportátiles poderá logo incorporarlle as súas aplicacións favoritas con poucos problemas, pero deixar coma opcional un paquete ofimático de referencia fronte a un servizo web é algo digno de análise de cara ao futuro, pois podería marcar un punto de inflexión de cara á perda de peso das aplicacións de escritorio fronte á web.

PUBLICIDADE