ARCHOS comercializará un novo tablet de 13,3 polgadas pensado para o uso no fogar
luns, 4 de marzo do 2013
A proposta de ARCHOS
dun tablet de grande tamaño pensado para un uso familiar continúa a
avanzar, e na súa páxina web xa figura a súa segunda xeración, que chegará en
breve ás tendas a un prezo de 299 euros. O ARCHOS
FamilyPad 2 é un tablet con pantalla de 13,3 polgadas cunha resolución de
1.280 x 800 pÃxeles, cun procesador ARM A9 de dobre núcleo a 1,6 GHz, gráfica
Mali 400 de catro núcleos, 1 Gb de RAM, 8 Gb de almacenamento interno
(ampliable mediante tarxetas microSD de ata 64 Gb), cámaras frontal e traseira
de 2 MpÃxeles, saÃda mini-HDMI, un grosor de 11,6 milÃmetros, un peso de 1,3
quilogramos e sistema operativo Android 4.1. Tamén inclúe un soporte para
facilitar a súa colocación para unha cómoda visualización de contidos
multimedia.
Temos asà unha atractiva solución que permite gozar de contidos nunha pantalla táctil
cun tamaño propio dun ordenador portátil, pero coa comodidade dun tablet,
resultando ideal para acceder á Internet, xogar, ver vÃdeos, realizar
videoconferencias e, en definitiva, acceder aos centos de milleiros de
aplicacións dispoñibles en Google Play.