Abre as súas portas a feira Galiciencia máis concorrida
mércores, 16 de novembro do 2016
Finalmente
chega Galiciencia
2016 e que ninguén adulto se estrañe de que a nosa rapazada se
lle adiante en materia creativa e innovadora. De feito, a
nosa comunidade de estudantes
concorrerá na feira de enxeños de Ourense con
cousas como
un pastilleiro
smart
para pacientes crónicos, unha aplicación móbil de alerta de avespa
asiática, un espantallo 2.0 ou toalliñas húmidas ecolóxicas
feitas com material téxtil desbotado. Galiciencia,
que abre hoxe às 10.00 horas as súas portas (na carpa emprazada a
carón do edificio central da Tecnópole en San Cibrao das Viñas,
Ourense), acollerá estes días a visita de máis de dous milleiros
de persoas. Poderemos visitala até o vindeiro vernes.
Os
enxeños intelixentes e innovadores dos nosos ovos inventores
salientarán por número (arredor
de 75) e por calidade (moitos deles foron argallados para axudar
a persoas enfermas, para loitar polo medio ambiente ou para estarmos
mellor comunicados).
Segundo
sinala a Tecnópole (organizadora), na
undécima edición do evento bateranse récords de participación. De
feito, explica, “concentrará
a maior representación de centros escolares até
o de agora, coa participación de investigadores noveis procedentes
de 35 colexios e institutos distintos”.
A
Tecnópole tamén explica que este
ano a delegación máis numerosa na exposición de proxectos procede
da provincia de Pontevedra, cun total de 28 equipos defendendo as
súas investigacións e inventos. A eles súmanse 18 de Ourense, 18
da Coruña, 6 de Lugo, 3 de Biscaia, un de Barcelona e un de
Asturias, esta última con representación na Galiciencia por
primeira vez.
Na
carpa, medio
cento de
equipos de Secundaria e FP amosarán
ao público os seus proxectos científicos e de innovación en stands
individuais. A eles súmanse, fóra de concurso, 25 traballos de
Primaria.
Todos
eles recibirán a visita de grupos escolares de toda Galicia, ás que
se sumarán as persoas que acudan pola súa conta, “xa que a feira
é de entrada libre para particulares e familias polas tardes”.
No
evento, que conta coa colaboración da Consellería de Economía,
Emprego e Industria e a Fundación Española para a Ciencia e a
Tecnoloxía (FECYT),
os participantes competirán por situarse entre os tres finalistas e
o que consiga
a maior puntuación levará o primeiro premio, dotado con 1000 euros
para financiar a súa participación na maior feira científica a
nivel estatal, a Exporecerca 2017.
O
fío temático, as matemáticas
Segundo
lembra a Tecnópole, o fío temático das actividades paralelas da
feira serán as matemáticas. Así,
os visitantes participarán en obradoiros
nos que se explorará a relación das matemáticas coa enxeñería e
coa natureza, “co obxectivo de demostrar até
que
punto os números están presentes na nosa vida cotiá”, explican
fontes da organización, engadindo que este (a importancia dos
números) será o alicerce, tamén, do
espectáculo científico e dos talleres para os máis pequenos, “que
descubrirán as matemáticas xogando e experimentando con pezas de
Lego”.
A
maiores
do devandito,
o público da Galiciencia terá ocasión de visitar unha exposición
promovida polo SERGAS
sobre depresión infantil e xuvenil, na que, ademais de información
útil para identificar este trastorno nas idades temperás e para
concienciar á sociedade, se mostran fotografías realizadas por
adolescentes que sofren esta doenza.