Amosan en China tablets con Windows 8.1 que custan pouco máis de 50 euros
luns, 13 de outubro do 2014
Cando falamos de sistemas informáticos a prezos reducidos
tendemos a pensar en solucións como Arduino, sinxelas placas que poden servir a
xeito de controlador moi configurable, pero este ano está a mudar moito a
situación, reducindo considerablemente a barreira para ter un ordenador
completo grazas aos novos tablets con Windows 8.1 que chegan dende Asia, e que
pronto invadirán as nosas tendas facendo máis asumible que nunca ter un equipo informático
no fogar ou en moitos outros contornos.
- O Emdoor EM-I8170 é un dos tablets que podemos ver en China a un prezo de 399 iuans
Estes dÃas na feira HKTDC de Hong Kong están a amosarse distintos produtos como
o Emdoor EM-I870, que é un tablet
con pantalla de 7 polgadas cunha resolución de 1.024 x 600 pÃxeles, 1 Gb de RAM
e 16 Gb de almacenamento interno, que ao funcionar cun procesador Intel Z3735G
de catro núcleos é capaz de correr Windows 8.1, o que resulta impresionante se
temos en conta que o seu prezo de venda é de só 399 iuans (51,38 euros).
Co mesmo prezo tamén teriamos o CUBE iWork 7,
que presumirÃa de pantalla IPS de 7 polgadas cunha resolución de 1.280 x 800
pÃxeles e dun grosor de só 5,95 milÃmetros, e que contarÃa cunha versión que
incluirÃa o Office por só 599 iuans (76,74 euros).
Por 499 iuans (63,93 euros) tamén terÃamos o Ployer
MOMO8W, un tablet que conta cun procesador Intel Atom Z3735F, 2 Gb de RAM,
16 Gb de almacenamento interno e unha pantalla de 8 polgadas que tamén
resultarÃa de grande interese para moitos usuarios que busquen un dispositivo
para o consumo de contidos multimedia e que puntualmente poida empregarse para
funcións máis propias dun ordenador tradicional como executar software
ofimático ou realizar trámites en liña coas administracións públicas (para o
que sistemas operativos como Android ou iOS non poden empregarse).
É de agardar que de cara ao Nadal podamos ver algún equipo de semellantes
prestacións en España a prezos que é de agardar que baixen dos 100 euros.