Artigos desta sección
Sony estrea ordenadores VAIO Serie L con pantallas de 15,4 polgadas
Sony comeza a comercializar en Corea do Sur o seu equipo VGC-LJ25L, que sorprende por estar a medio camiño entre un sobremesa e un portátil (lembrando con certa distancia aos iMac de Apple) e que neste caso se trata dun equipo que trala súa pantalla TFT de 15,4 polgadas e unha resolución de 1.280 x 800 píxeles agocha un ordenador cun procesador Intel Core 2 (...)
Ler máisNova webcam de Microsoft para usuarios camaleónicos
Coa alza dos servizos de mensaxeiría instantánea (que agora incluso se usan a través do teléfono móbil) e a progresiva mellora das infraestruturas de conexión, son cada vez máis precisos novos dispositivos que faciliten a interacción entre os usuarios mediante vídeo conferencia así como novas funcionalidades para compartir arquivos. Para iso, Microsoft vén de (...)
Ler máisIOGEAR facilita compartir periféricos USB a través da rede local
IOGEAR lanza un novo dispositivo para compartir dispositivos USB a través de redes Ethernet. O USB Net ShareStation conta cun porto USB no que podemos pinchar un disco duro externo, unha memoria USB, un lector de tarxetas de memoria, unha webcam, un altofalante ou unha impresora multifunción para compartilos na nosa rede local, e mesmo se pode combinar (...)
Ler máisMetal Gear Solid terá versión para N-Gage
Solid Snake poderá correr as súas aventuras en teléfonos móbiles grazas á nova versión de Metal Gear Solid que aparecerá para N-Gage grazas a un acordo de Nokia con Konami, no que podería ser o título con mellores gráficos que se veu ata o momento nun móbil. Metal Gear Solid Mobile será un xogo de acción e espionaxe desenvolvido coa colaboración de Ideaworks3D e (...)
Ler máisPrimeiras imaxes de Dragon Ball DS
A revista nipona V-Jump publicou o que son as primeiras imaxes o xogo Dragon Ball DS para a consola portátil de Nintendo, que será un novo xogo de Son Goku que fuxe dos títulos de loita tan populares para PlayStation 2 e recupera o estilo de RPG que tiñan entregas anteriores para GameBoy. Outro detalle destacable é que o xogo tratará sobre a primeira serie (...)
Ler máisCasete Bluetooth para o automóbil
Moitos equipos de son de automóbiles inclúen xa conectividade Bluetooth que serve tanto para o mans libres do móbil como para facilitar a reprodución musical dende dispositivos multimedia, pero agora estas funcionalidades tamén se poden engadir a sistemas menos avanzados grazas a un adaptador de Bluetooth con forma de casete. Este tipo de dispositivos (...)
Ler máisAmosan o que será o Willcom D4 de Sharp
O Willcom D4 de Sharp será un dos primeiros MID en chegar ao mercado con procesadoress Intel Atom, que sorprende por incorporar o sistema operativo Windows Vista, de xeito que sería o dispositivo de menor tamaño en incorporar o último sistema operativo de Microsoft. Dende Akihabara News amosan cómo será finalmente este dispositivo pensado para a navegación (...)
Ler máisSamsung presenta un televisor QuadHD de 82 polgadas cun refresco de 120 Hz
Estes días se celebra en Los Ángeles a feira Society for Information Display, e Samsung presentou alí un espectacular televisor LCD de 82 polgadas equivale a catro pantallas FullHD destacando por acadar unha velocidade de refresco de 120 Hz. A pantalla conta con retroiluminación LED, o que combinado coa súa resolución de 3.840 x 2.160 píxeles o converten (...)
Ler máisCritican que Wii Fit diga aos nenos que teñen sobrepeso
O xogo Wii Fit para a consola doméstica de Nintendo pode resultar moi entretido, pero non está libre de polémicas, pois os expertos en obesidade denuncian que o xogo pode danar a imaxe que os cativos poden ter do seu propio corpo, xa que o Wii Fit pode dicir a unha nena de 10 anos que está gorda, o que podería provocar desordes alimentarias. Cando un (...)
Ler máisFujitsu lanzará unha tarxeta de vídeo externa para os seus portátiles AMILO
Fujitsu porá á venda nas vindeiras semanas o AMILO GraphicBoster, que sería unha tarxeta gráfica externa baseada en tecnoloxía ATI XGP, que permitiría conectar ata 3 pantallas externas (por DVI-D e HDMI) a ordenadores portátiles (pensando nun principio para os Fujitsu Siemens AMILO, pero que tamén podería funcionar noutros modelos). As probas realizadas con (...)
Ler máis0 | ... | 12120 | 12130 | 12140 | 12150 | 12160 | 12170 | 12180 | 12190 | 12200 | ... | 13090