Balidea presenta nova web, un site "dinámico e en constante evolución"

luns, 29 de abril do 2024 S. P.

A empresa galega Balidea, referente no ámbito dos servizos tecnolóxicos avanzados e no desenvolvemento de sistemas de información, presentou este mes de abril a súa nova páxina web, unha presenza en liña renovada que sorprende non só dende o punto de vista visual, facendo galega dun deseño moderno e dinámico, senón tamén a nivel de uso e no plano informativo, onde se despexou o camiño de todo o prescindíbel para chegarmos nos mínimos pasos á identidade e aos valores de Balidea.
A empresa tamén puxo o foco en acadar unha interface intuitiva e amigábel, con plena visibilidade para as áreas de especialización e un acceso á información rápido e eficiente. Tamén se fixo un esforzo en favorecer a creación de comunidade (a web pon o foco nas vantaxes de traballar en Balidea facilitando a consulta de ofertas de emprego dispoñíbeis) e en visualizar os detalles dos principais e máis innovadores proxectos de Balidea. “Trátase dunha web dinámica, en constante evolución e actualización”, indicaron dende o equipo da empresa con motivo do lanzamento da nova páxina.

PUBLICIDADE