Blusens lanza para San Valentín, unha edición especial do seu MP3 Keia

venres, 5 de febreiro do 2010 Raquel Noya

Por máis que aborrezamos certas datas sinaladas de maneira especial no calendario (do consumismo), tales como o “Día da nai”, o “Día do pai” ou o “Día de San Valentín”, entre outros, o certo é que con motivo deses eventos soen sair ao mercado excepcionais produtos e servizos dos que non podemos deixar de falar por moito que nos pese darlle pé a que se sigan a celebrar datas con este selo consumista.
Un claro exemplo disto é a última aposta de Blusens, que trae para San Valentín unha edición especial do seu MP3 rosa, ultracompacto, que é quen de reproducir múltiples formatos de audio incluíndo MP3 e WMA.
O dispositivo, que podemos adquirir directamente no Blusens Store, a tenda en liña da compañía galega, conta cun display en dúas cores para unha cómoda visualización da información e cun exclusivo interface que permite acceder ás súas multiples funcións de maneira doada e rápida.
Este Keia, como se fai chamar o produto, preséntase como “o regalo perfecto para tódolos namorados”, e pódese adquirir en versión de 2 GB por 34,90 euros e en versión de 4 GB, por 44,90 euros.
As reducidas dimensións do famoso MP3 de Blusens (pesa tan só 19 gramos) maila pinza incorporada convirte este dispositivo “no complemento perfecto tanto para a vida activa como para practicar calquera actividade deportiva”, e agora tamén no regalo idela para a nosa parella en San Valentín.
Dispón de radio FM, micrófono, gravador de voz e radio, reloxio, cronómetro, temporizador e batería de litio, características que o convertiron nun dos produtos estrela da compañía, que agora chega nunha edición especial limitada para o día dos namorados.

PUBLICIDADE