Call of Duty seguirá contando con versións para consolas PlayStation

luns, 31 de outubro do 2022 Marcus Fernández

A compra de Activision-Blizzard por parte de Microsoft está a ter certa resistencia por mor das denuncias de Sony ante as autoridades, argumentando que o control de Microsoft sobre a franquía de Call of Duty atentaría á competencia, e aínda que os datos non parecen dar por boas as afirmación da compañía nipoa, Microsoft tivo que insistir en que os xogos bélicos de Activision continuarán a ser multiplataforma.
O director xeral da división de videoxogos de Microsoft, Phil Spencedr, chegou a asegurar que «a nosa intención é continuar a lanzar Call of Duty para PlayStation», comparando o tratamento que darán a esta saga ao que fixeron con Minecraft no seu día. Este tipo de declaracións non só asegurarían futuras entregas de Call of Duty para consolas PlayStation, senón que tamén supón que a franquía contará con entregas para Nintendo Switch, o que sería unha grande nova para os usuarios de consolas de Nintendo, que non reciben un xogo da saga dende o Call of Duty: Ghosts para Wii U en 2013.
Spencer salientou que manter Call of Duty en PlayStation é «un imperativo comercial para o negocio de Xbox e a economía da transacción» de compra de Activision, ou sexa, que non lanzar os xogos da franquía para consolas PlayStation suporía unha perda de ingresos que Microsoft non estaría disposta a asumir.

PUBLICIDADE