Canon anuncia a primeira PowerShot con gravación de vÃdeo en 4K
martes, 31 de xullo do 2018
As cámaras dixitais compactas son un produto cada vez menos
frecuente, xa que foi desprazado polas cámaras dos smartphones, pero continúa a
haber un público que busca sacar fotografÃas cando vai de viaxe ou gravar vÃdeos
cunha calidade superior á dun teléfono e sen prescindir da posibilidade de publicar
as imaxes nas redes sociais, de aà que o 10 de
agosto vaia chegar ás tendas a nova cámara Canon PowerShot SX740 HS a un prezo
de 409,99 euros (en cor negra ou prata).
Esta nova cámara compacta, cunhas medidas de 110,1 x 63,8 x 39,9 milÃmetros e
299 gramos de peso, chegará cun sensor CMOS de 20,3 MpÃxeles, un zoom óptico de
40x (equivalente a un obxectivo de 24-960 milÃmetros) e, por primeira vez na
familia PowerShot, a posibilidade de gravar vÃdeo en 4K.
A Canon PowerShot SX740 HS ten un procesador de imaxe DIGIC 8, estabilización de
imaxe, transferencia de imaxes automática, flash retráctil, pantalla LCD
traseira capaz de rotar 180 graos (polo que incluso servirÃa para realizar selfies), pode disparar 7,4 imaxes por
segundo e, para facilitar a súa comunicación co noso smartphone, conta con
Wi-Fi e Bluetooth.
- A nova cámara compacta de Canon está pensada para usuarios viaxeiros que queren gozar dun bo zoom óptico, asà como fotografÃas e vÃdeo cun mÃnimo de calidade, sen ter que cargar cunha réflex
- O tamaño compacto da nova cámara de Canon facilita o seu transporte