ConfÃrmase o liderado de Nintendo nas vendas de videoxogos en España
luns, 22 de setembro do 2008
Os primeiros datos sobre as
vendas de videoxogos en España durante o mes de agosto nos daban a
entender que Nintendo dominaba o sector dun xeito claro, e agora que aDeSe publica os resultados
oficiais do pasado mes se ratifica tal estimación, de xeito que 8
dos 10 máis vendidos corresponderÃan ao fabricante nipón, que estarÃa
acompañado por Sony que ocuparÃa os postos 3 e 8 con Beijing 2008 para PS3 e Buzz!
para PSP.
O lÃder en vendas en agosto foi o Wii Fit,
seguido por Wii Play, mentres que Mario Kart se limita a un cuarto posto e
Super Smash Bros Brawl continúa con
forza nun posto 6, de xeito que o resto de postos vacantes entre os 10 máis
vendidos corresponderÃan a xogos para a Nintendo DS, coma Cocina Conmigo, Guitar Hero
On Tour, Wall·E e Brain Training.
Nos resultados por plataformas
podemos destacar como na PlayStation 3, tralo comentado Beijing 2008 están os 2 grandes lanzamentos do ano, Metal Gear Solid 4 e Grand Theft Auto IV, mentres que para
Xbox 360 o xogo das OlimpÃadas se queda nun segundo posto, superado por Soul Calibur IV, mentres que o GTA IV se ten que conformar cunha cuarta
posición e no terceiro posto está o pack que inclúe Gears of War, Project Gotham
Racing 4, un mando a distancia multimedia e un mando de xogo, destacando
tamén Rock Band nun digno 5º posto.