Converge serve para colocar e cargar os nosos trebellos no escritorio

mércores, 25 de abril do 2012 Marcus Fernández

Para facilitar a organización do noso escritorio, onde é habitual acumular trebellos electrónicos para a súa carga, dende Quirky están a vender por 39,99 dólares unha base de carga chamada Converge que facilita a organización dos cables dos nosos cargadores, integra 4 tomas USB, ten unha forma curvada para repousar os nosos dispositivos durante a súa carga, aliméntase a través dunha transformador externo que opera no rango dos 110-240 voltios e está deseñado para empregarse comodamente con trebellos con porto de carga inferior (coma o iPhone ou o iPod Touch) ou lateral (coma cámaras dixitais). As súas dimensións son de 310 x 130 x 100 milímetros.

A base de carga Converge permite manter o noso escritorio informático organizado

PUBLICIDADE