CoruñaTech convoca un encontro para debater arredor do fenómeno Worldcoin

luns, 4 de marzo do 2024 S. P.

Worldcoin, a empresa que se dedica a obter datos biométricos de milleiros de persoas a través do escaneo do iris do seu ollo para impulsar unha economía global máis unificada e equitativa impulsada pola economía de Internet (cun emprazamento nun centro comercial coruñés) e este acontecemento xerou debate. Neste contexto varios grupos de CoruñaTech (hub de comunidades tecnolóxicas de A Coruña) como GPUL e PHPCoruña quixeron achegar un espazo de debate (open space)para charlar e opinar sobre este tema, no que calquera persoa interesada poderá participar de balde.
O dito encontro terá lugar o vindeiro mércores 6 de marzo ás 19 horas na Escola Universitaria de Relacións Laborais da UDC (preto da estación de tren) a debater nun obre estas temáticas.
Entre os temas a tratar arredor de Worldcoin está o feito de que a recolección de datos biométricos pode xerar problemas dos que non adoitamos a ser conscientes: mal uso ou roubo de datos, control da poboación, fin dos espazos privados e seguros, etc. Problemas que se suman á chegada da Intelixencia Artificial ás nosas vidas, abrindo novos debates sociais como se realmente queremos deixar de poder navegar de xeito anónimo por Internet ou de pasear por unha estación de tren sen que unha cámara nos recoñeza automaticamente.

PUBLICIDADE