CruxCase recorre a Kickstarter para financiar a súa nova funda-teclado para iPad Air
mércores, 12 de marzo do 2014
Durante
os últimos anos non foron poucas as solucións que buscaron dotar de teclado
fÃsico ao iPad para mellorar o seu uso en labores de produtividade, tendo que
adaptase paulatinamente ás distintas revisións do tablet de Apple, e o último
accesorio deste tipo do que tivemos coñecemento é o CruxENCORE, que
pretende converter o iPad Air nun ordenador portátil, para o que están
a recadar fondos a través de Kickstarter, onde a 10 dÃas para rematar a
campaña teñen completado a metade dos 90.000 dólares que procuran para facer posible
o produto.
Este accesorio destaca polo seu coidado deseño de aluminio e pola súa funcionalidade,
deixando espazo libre para as cámaras e os portos do iPad Air, e por non
limitarse a engadir un teclado cunha calidade comparable ao dun Macbook, senón
que esta integración tamén é especialmente afortunada por realizarse a través
dunha bisagra que de 360 graos que permite usar o tablet en catro posicións
distintas: modo portátil, modo pelÃcula, modo tablet e modo transporte (para o
que conta tamén cun sistema de peche para evitar que se abra accidentalmente).
O teclado Bluetooth 4.0 do CruxENCORE integra unha baterÃa de 360 mAh que pode
cargarse por micro USB e terÃa unha autonomÃa de ata máis dun mes cun uso
moderado.
O CruxENCORE mide 24,5 x 18,5 x 2 centÃmetros, pesa 658 gramos, estará
dispoñible en varias cores e pode adquirirse a través de Kickstarter por 89
dólares, cando o prezo oficial que terá cando chegue ao mercado será de 199
dólares. Prevese que a entrega do produto realÃcese a partir do mes de maio.
VÃdeo de presentación da campaña