Demon’s Souls terá textos traducidos ao español

xoves, 29 de abril do 2010 Marcus Fernández

Despois dunha longa espera, o 25 de xuño será a data na que chegará a Europa o xogo de rol para PlayStation 3 Demon’s Souls, considerado coma un dos mellores xogos de 2009 tanto no Xapón coma nos EE.UU., e que finalmente traerá Namco Bandai a España, contando incluso cunha atractiva edición limitada que incluirá un CD coa súa banda sonora, un libro de ilustracións e unha guía de estratexia. Pero os xogadores interesados neste título tiñan unha importante dúbida sobre a importación do xogo: ¿estaría localizado?
Finalmente Namco Bandai Partners Ibérica confirmou que o xogo chegará cos textos traducidos ao español, aínda que a guía incluída na súa edición especial quedará en inglés. A tradución do xogo ao español parecía algo imprescindible para a súa comercialización, posto que a profundidade do xogo fai moi complicada súa experiencia sen un alto nivel de inglés, e a ausencia dunha tradución podería levar a moitos usuarios a adquirir o xogo de importación a un prezo moi inferior.

PUBLICIDADE