Dificultades técnicas na beta aberta de Dragon Ball FighterZ
luns, 15 de xaneiro do 2018
A pasada fin de semana botou
a andar a beta aberta de Dragon Ball
FighterZ para PS4 e Xbox One, e aÃnda que na xornada do sábado funcionou
con normalidade xa que o acceso estaba limitado aos xogadores que reservan o xogo
que sairá á venda o dÃa 26, o domingo produciuse un colapso dos servidores que
atendÃan as partidas, y nin os usuarios con reserva nin o resto podÃan botar
unha partida en liña a tan agardado xogo, creando unha grande frustración.
AÃnda que normalmente é habitual que haxa problemas cunha beta aberta, nesta
ocasión cómpre salientar que existe un compromiso de Bandai Namco cos seus
seareiros, xa que o acceso ás probas do xogo estaba incluÃdo nun produto de pagamento
(a compra anticipada do xogo), e para manter tal obriga adiantaron que a beta,
que nun principio estaba programada para unha duración de 48 horas, ampliarán a
duración das probas.
Polo momento non se detallou até cando durará a beta aberta de Dragon Ball FighterZ, pero a avalancha
de xogadores dá a entender que este tÃtulo poderÃa ser un éxito maior do
esperado, pois na anterior beta aberta non houbera dificultades técnicas tan
grandes, polo que enténdese que a elevada demanda de onte pillou coa garda
baixa aos responsables dos servidores que soportan o xogo en liña da que
promete ser a mellor produción de lecer electrónico baseada na franquÃa de As Bolas Máxicas.