Disco duro para portátil con codificación AES de 256 bits

martes, 11 de novembro do 2008 Marcus Fernández

Certas axencias gobernamentais teñen que cumprir certos requisitos para o tratamento seguro dos datos, polo que dende Fujitsu presentan a súa familia de discos duros MHZ2 CJ, que é a primeira unidade de 2,5 polgadas que incorpora encriptación automática baseada en hardware en acadar a acreditación de seguridade JIS X 19790 (equivalente ao ISO/IEC 19790).
O disco duro codifica os datos almacenados no mesmo (sen detrimento da súa velocidade) en AES de 256 bits, o que evitaría que os datos almacenados no mesmo se puidesen extraer n ocaso de perda ou roubo da unidade de disco ou o ordenador portátil na que se instale (evitando así os problemas de perda de datos de millóns de cidadáns como aconteceu o pasado ano no Reino Unido).
O novo disco duro para portátiles tamén destaca por funcionar a 7.200 rpm e soportar transferencias a 3 Gbps, ou sexa, que tería un rendemento coma o dun disco de sobremesa, e se comercializaría en capacidades de entre 80 e 320 Gb.

PUBLICIDADE