Dispoñibles en formato aberto os datos do Mapa de Capacidades Dixitais de Galicia

luns, 4 de marzo do 2024 Redacción

O Centro GaiásTech vén de publicar en formato aberto os datos do Mapa de Capacidades Dixitais de Galicia, directorio de axentes tecnolóxicos de Galicia con experiencia, coñecemento e competencias dixitais, especialmente nas tecnoloxías disruptivas, ofrece información de máis de 340 entidades, arredor de 1.400 produtos e servizos e 78 tecnoloxías.
O obxectivo da publicación desta información, no portal Abert@s da Xunta, é ofrecer á cidadanía e a outras entidades públicas ou privadas a posibilidade de reutilizar estes datos e proporcionar produtos ou servizos de valor engadido. A publicación de datos en formato aberto enmárcase na política de transparencia e de compartir e reutilizar información das administracións públicas.
A información do Mapa de Capacidades Dixitais súmase así aos datos dispoñibles en Abert@s, que constitúen unha valiosa fonte de información aproveitable, tanto pola cidadanía como pola industria de contidos dixitais e outros axentes reutilizadores.

PUBLICIDADE