El Chavo del Ocho estrea xogo para Wii

mércores, 25 de abril do 2012 Marcus Fernández

A serie de televisión El Chavo del Ocho é todo un clásico de Roberto Gómez Bolaños, máis coñecido como Chespirito, que tras a súa modernización como serie de animación serviu de inspiración para un novo xogo para Wii desenvolvido por Kaxan Games que sairá este venres á venda en México (descoñécese polo momento se terá distribución ao outro lado do Atlántico) e que incluirá máis de 30 mini-xogos como “romper a piñata, comer pozole e aventar galiñas”.
El Chavo estará dispoñible en inglés, portugués e español, e contará coa presenza de personaxes como La Popis, Kiko, o profesor Jirafales, dona Florinda, don Ramón e a bruxa do 71, permitindo que ata 4 persoas á vez poidan gozar deste party game.
Aínda que este xogo para Wii non chegase a España, os seareiros de El Chavo poden conformarse por un xogo para iOS que está dispoñible na App Store por 0,79 euros, e que tamén inclúe numerosos mini xogos que poderán descubrirse nunha feira instalada na veciñanza. En Facebook tamén está dispoñible o xogo La Vecindad de El Chavo, polo que os que só queiran lembrar as aventuras do personaxe de Chespirito poderán gozar uns minutos de tal xogo sen gastar un can.

El Chavo inclúe varios mini xogos coma se fose un Mario Party
El Chavo xa ten dende hai meses un xogo para iPad
No xogo para iPhone de El Chavo tamén saen populares personaxes da serie de televisión

PUBLICIDADE