Elegante monitor de Samsung con sintonización de televisión

mércores, 4 de agosto do 2010 Marcus Fernández

Samsung amplía a súa famlia SyncMaster 90 cun novo monitor LED de alta gama que integra un sintonizador de televisión á vez que fai gala dun deseño realmente elegante, converténdose o Samsung SyncMaster FX2490HD nunha excelente combinación de arte e tecnoloxía punta.
Este novo monitor ten un panel cunha resolución de 1.920 x 1.080 píxeles, unha resposta de 5 milisegundos, un contraste de 1.000:1, brillo de 250 nits, 2 entradas HDMI, 1 VGA e 1 de euroconector. Amais, de poder empregarse para ver a televisión, este monitor conta con función PiP, reprodución multimedia a través de USB e incluso soporte de son Dolby Digital 7.1 e DTS. Un excelente monitor de 24 polgadas que conta cunha base de 4 brazos e que chegará ás tendas a mediados de mes a un prezo de 429 euros.

PUBLICIDADE