empresas
Vitae Consultores arrinca 2026 coa edición 53 do seu curso sobre Scrum e proxectos áxiles
A consultora galega Vitae vai comezar o ano retomando un curso histórico do seu catálogo: o Curso sobre Dirección e Xestión de Proxectos TIC Áxiles con Scrum que chega á súa edición 53 e que imparte novamente a enxeñeira en Informática Josefina Alonso Nocelo. Trátase dunha actividade formativa especialmente representativa dos obxectivos clave de Vitae: facilitar (...)
Ler máisTecalis, Altia e CONGALSA, distinguidas polo seu compromiso social e conciliador
A Xunta entregou este martes os galardóns da nova edición dos seus Premios á Responsabilidade Social Empresarial de Galicia, uns recoñecementos que teñen o obxectivo de mostrar e reivindicar publicamente o labor daquelas empresas que adoptan principios e prácticas de responsabilidade solidaria na súa xestión e na súa actividade diaria. O palmarés final destas (...)
Ler máisAltia prevé incrementar o seu equipo profesional en 237 persoas nun período de dous anos
A empresa tecnolóxica Altia presentou os días pasados seu plan de negocio para os anos 2021 e 2022, que recolle un incremento do seu beneficio neto do 50% e pasa dos 6,2 millóns de euros en 2020 aos 9,3 millóns no ano 2022. Na folla de ruta da tecnolóxica con sede principal en Oleiros estímase a obtención dun beneficio neto en 2021 de 7,8 millóns de euros, “o (...)
Ler máisBalidea suma forzas á formación dual para a nosa mocidade
A empresa TIC Balidea vén de sumarse á formación dual como empresa colaboradora do novo Ciclo Superior de Desenvolvemento de Aplicacións Web, que se levará a cabo no CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel de Ourense. Segundo lembra a compañía tecnolóxica con sede principal en Santiago, trátase dunha boa oportunidade para que as e os estudantes se formen e traballen (...)
Ler máisA sinatura dixital de Docuten funcionará dentro do ERP de Microsoft
Innova como Microsoft ISV Development Center e provedor especializado de solucións e servizos de Microsoft Dynamics, e Docuten como especialista en sinatura electrónica con clientes do calibre de Desigual, Louis Vuitton, Estrella Galicia ou Cabify, acaban de asinar un acordo para crear e comercializar a aplicación Docuten eSign para Microsoft Dynamics (...)
Ler máisVolve este outono o histórico curso de Vitae sobre proxectos TIC áxiles con Scrum
Entre os procesos imparábeis dos que somos testemuñas e que van afectar a todo o que nos rodea (comunicación, empresa, formación, cultura, sociedade, etc) está sen lugar a dúbidas a dixitalización. Ante este panorama de transformación incrementouse a demanda de todo tipo de produtos e servizos TIC, pero non uns produtos ou servizos calquera, senón os que (...)
Ler máisEGATEL mostra na IBC de Amsterdam as súas novas series compactas de transmisores e reemisores
A empresa galega EGATEL recunca este ano na gran feira europea de tecnoloxías de telecomunicación e transmisión de contidos, a feira IBC de Amsterdam. A cita será entre o 14 e o 18 de setembro e nela, a firma de Ourense contará cun stand de seu na caseta 8.B67. Nesta edición da IBC, EGATEL mostrará as series compactas (até 120Wrms en 1U e de 19 polgadas) (...)
Ler máisOptare Solutions adquire a mexicana Cinko Shared Service Center
A empresa tecnolóxica galega Optare Solutions completou a adquisición do 100% do capital social de Cinko Shared Service Center, compañía con sede en México DF especializada en consultoría tecnolóxica e automatización de procesos mediante tecnoloxías avanzadas como RPA (Automatización Robótica de Procesos). Esta operación reforza a presenza de Optare Solutions no (...)
Ler máisEuropublic consolida a súa unidade de traballo especializada en comunicación dixital
Europublic, grupo galego especializado nos ámbitos na mercadotecnia estratéxica, a comunicación e a consultoría avanzada, vén de afianzar a súa unidade especializada en Comunicación Corporativa Dixital, unha fronte de traballo destinada a pór en valor a experiencia e a bagaxe de axencia con sede en Oleiros ao longo dos seus 22 anos de actividade. A fórmula (...)
Ler máisVitae organiza en abril un curso sobre optimización avanzada de consultas con T-SQL e SQL Server
Vitae Consultores, tecnolóxica galega centrada en formación avanzada para (sobre todo) profesionais das TI de todo o ámbito estatal, vai achegar este mes de abril o curso Optimización Avanzada de Consultas con T-SQL en SQL Server. Será unha actividade formativa de 12 horas, a desenvolver os días 21, 23, 28 e 30 de (...)
Ler máis0 | ... | 170 | 180 | 190 | 200 | 210 | 220 | 230 | 240 | 250 | ... | 880
