Escape Dead Island preparará o camiño para Dead Island 2
martes, 1 de xullo do 2014
Deep Silver anunciou
hoxe Escape Dead Island, un xogo
de supervivencia en terceira persoa para un xogador que nace da saga Dead Island, pero que non será realmente
unha secuela da saga, senón un tÃtulo ambientado nese universo, facendo un
enfoque diferente sobre a historia, e situándose entre os xogos Dead Island e o recentemente anunciado Dead Island 2 (previsto para a primavera
de 2015). A nova aventura está a ser desenvolvida por Fatshark Sweden, ten
previsto o seu lanzamento para Xbox 360, PlayStation 3 e PC o vindeiro outono e
destaca especialmente pola súa aparencia gráfica, que foxe do realismo para
apostar polo cel shading.
Este novo xogo de misterio e supervivencia levará ao seu protagonista, Cliff
Calo, a visitar Banoi para documentar os eventos inexplicados que alÃ
aconteceron durante a primeira entrega da saga, para descubrir que non todo é o
que parece, permitindo explorar as orixes da infección zombi.
Pese a ter un enfoque diferente aos xogos principais, Escape Dead Island contará tamén con combates masivos e cun amplo
repertorio de armas na liña do que xa vimos en Dead Island, e servindo asà para preparar o terreo de cara a Dead Island 2.
Este non será o único xogo da saga que veremos nos vindeiros meses, senón que
tamén están a preparar Dead Island
Epidemic, un xogo de areas multixogador competitivo (MOBA) para PC que
adoptará a fórmula do free-to-play,
no que 3 equipos de 4 xogadores deberán competir polos recursos e para
sobrevivir ás hordas de mortos viventes.
- O xogo contará con intensos combates
VÃdeo de presentación do xogo de Fatshark Sweden