Fujifilm presenta a primeira cámara bridge resistente á auga e ao po
martes, 7 de xaneiro do 2014
Unha das marcas lÃderes en cámaras dixitais tipo bridge é sen dúbida Fujifilm, que leva
anos trunfando coa súa familia FinePix, á que incorpórase unha rechamante S1,
que presume de ser a
primeira cámara deste tipo resistente ás inclemencias meteorolóxicas.
A FinePix
S1 é unha impresionante cámara cun sensor BSI-CMOS de 16,4 MpÃxeles con Super
Macro e un zoom óptico de 50x, capaz de gravar vÃdeo Full HD a 60 cadros por
segundo (con estabilización de imaxe de 5 eixes e redución 3D de ruÃdo), unha
pantalla LCD de 3 polgadas, visor electrónico e a posibilidade de comunicarse
sen fÃos cun smartphone ou tablet para o seu control remoto ou para a transferencia
de imaxes (para despois compartilas de xeito doado nas nosas redes sociais).
Esta cámara dixital está construÃda cun selado que permite que poida resistir
po e auga, converténdoa, xunto co seu xeneroso zoom, nunha ferramenta moi práctica
para o seu uso na natureza, ao que tamén contribúen a súa velocidade (pode
acenderse en 0,68 segundos e realizar enfoque automático en só 0,14 segundos) e
a posibilidade de gravar pelÃculas a alta velocidade (ata 480 fotogramas por
segundo a 240 x 180 pÃxeles, 240 fps a 320 x 240 pÃxeles ou 120 fps a 640 x 480
pÃxeles) para poder rexistrar momentos para a súa reprodución posterior a cámara
lenta.
Polo momento non se coñece nin o prezo nin a data de lanzamento desta nova
FinePix.
- Esta resistente cámara bridge goza dun zoom óptico de 50x
VÃdeo promocional da FinePix S1