GUESS Watches prepara novos reloxos con Android Wear 2.0
luns, 20 de marzo do 2017
Dende GUESS Watches teñen toda unha liña destinada aos
smartwatches, GUESS Connect, que vai
medrar no outono-inverto do presente ano con novos
reloxos que desta volta funcionarán cun procesador Qualcomm Snapdragon Wear
2100 e sistema operativo Android Wear 2.0, de xeito que adoptarÃan as
últimas novidades da plataforma de wearables
que promove Google pero mantendo unha liña de deseño de grande elegancia, tanto
para homes como para mulleres.
Os novos reloxos de GUESS chegarán nunha versión masculina cunha caixa de 44
milÃmetros, e cunha versión feminina con caixa de 41 milÃmetros, estando este
último dispoñible en cor prata, ouro ou ouro rosa, tentando asà adaptase ás
tendencias actuais.