Instagram ultima os directos con até 4 participantes
luns, 1 de marzo do 2021
Os
directos de Instagram foron todo un éxito no confinamento, pero este xeito de
comunicar estaba limitado a 2 interlocutores, deixando asà espazo a outras
plataformas que permitÃan unha maior participación, o que buscan agora
solucionar con Live
Rooms, un novo xeito de facer directos de Instagram con até 3 convidados.
O funcionamento de Live Rooms vai na mesma liña dos directos cun único convidado,
de xeito que o creador do directo pode incorporar até a 3 usuarios máis tanto
no momento de comezar a transmisión como sobre a marcha, permitindo incluso a
entrada e saÃda de participantes, o que permite, por exemplo, que cando haxa 3
persoas conversando en directo poida unirse á retransmisión unha cuarta persoa como
sorpresa.
As Live Rooms manteñen as integracións propias dos directos ordinarios, de
xeito que poden asociarse a produtos de comercio electrónico ou a captación de
fondos para iniciativas sen ánimo de lucro, estreándose esta funcionalidade dun
xeito bastante básico que nos vindeiros meses incorporará controis de
moderación e configuración de audio, xa que a comunicación entre varias persoas
é bastante máis complicada de xestionar que con só un interlocutor.
Esta nova funcionalidade chegará en breve a todos os usuarios de Instagram a
nivel mundial.