Intermax Technology busca o último en tecnoloxÃa no Mobile World Congress
mércores, 27 de febreiro do 2019
Na
súa expedición ao Mobile World Congress de Barcelona, a empresa de banda
larga para o rural Intermax busca
adquirir os equipos e servizos máis punteiros para adaptalos e ofrecelos aos
seus clientes.
A delegación galega en Barcelona auspiciada por Intermax tamén permitiu que
empresas e organizadores de eventos como Galirent, Alce Consulting ou os
coordinadores dos eventos da World Surf League en España puidesen manter estes
dÃas xuntanzas de traballo que confÃan en que frutifiquen na mellora de
servizos aplicada coa tecnoloxÃa máis punteira e eficiente. Por exemplo, dende
a World Surf League prometen revolucionar o seu deporte dun xeito equiparable
ao que fixo o VAR co fútbol profesional.
As empresas galegas desprazadas ao Mobile World Congress teñen asà a posibilidade
de relacionarse con fabricantes e desenvolvedores tecnolóxicos de primeira orde
mundial para incorporar aos seus activos importantes novidades tecnolóxicas que
pasarán a formar parte do noso dÃa a dÃa, contribuÃndo asà á superación de
retos tecnolóxicos e a unha mellor calidade de vida.
- Galirent é unha das compañÃas galegas que está a explorar novas tecnoloxÃas para o seu negocio no Mobile World Congress