LEGO Batman 2: DC Super Heroes estrea demo
mércores, 20 de xuño do 2012
O
vindeiro venres chega ás tendas o agardado videoxogo LEGO
Batman 2: DC Super Heroes, que supón toda unha revolución para os
tÃtulos electrónicos baseados en figuras de LEGO, pois convértese nun produto
moito máis completo que entregas anteriores, non só por ofrecer unha
diversidade de personaxes sen precedentes, senón tamén por enriquecer a súa
mecánica de xogo ata converterse nun sandbox
(permite explorar toda a cidade libremente) e incorporar voces
nos seus protagonistas (que chegan dobradas ao español). Para que os
usuarios non teñan que acudir á tenda a
cegas, dende onte está dispoñible unha versión
de demostración do xogo para Xbox 360 e hoxe
adianta o seu lanzamento na PlayStation Network na súa versión para PS Vita
(á venda por 39,99 euros).
LEGO Batman 2: DC Super Heroes dificilmente
pode considerarse unha secuela de LEGO
Batman, pois case é o xogo de LEGO da Liga da Xustiza, incorporando a populares
personaxes do Universo DC (ata un total de 50) como Superman, Wonder Woman,
Flash, Lanterna Verde e moitos outros que deberán protexer á cidade de Gotham
da destrución a mans de Lex Luthor, o Joker e outros membros da galerÃa de
viláns de Batman.
Este novo tÃtulo de Traveller’s Tales contará con versións para PC, PlayStation
3, Xbox 360, Wii, Nintendo DS, Nintendo 3DS e PS Vita.
Trailer do xogo con voces en español
- Batman non se enfrontará en solitario aos seus inimigos, senón que contará coa axuda de superheroes como Superman