LG quere competir co MacBook Air
luns, 8 de marzo do 2010
Os ordenadores portátiles
MacBook Air crearon unha tendencia de deseño difÃcil para seguir para os
competidores de Apple, coma demostrou o fracasado Dell Adamo (que vén de ser
retirado do catálogo do seu fabricante tras medio ano á venda), pero dende LG
non queren deixar pasar a oportunidade dun deseño elegante e rechamante e
anuncian o lanzamento do LG X300, un portátil ultradelgado (con só 17,5
milÃmetros de grosor e 970 gramos de peso) que puido verse na pasada edición do
CES de Las Vegas, e que finalmente chega
ao mercado asiático este mesmo mes (para despois pasar a distribuÃrse polo
resto do mundo).
O equipo goza dun formato moi
transportable, pero non estamos ante un ordenador cativo, senón que conta cun procesador Intel Menlow a 2 GHz, con
ata 2 Gb de memoria e 128 Gb de disco duro, que opera con Windows 7 Home
Premium, carece de ventilador para un funcionamento silencioso e goza dunha autonomÃa
de ata 7 horas.
A pantalla do LG X300 é de 11,6 polgadas, ten cámara web de 1,3 MpÃxeles,
sistema de son SRS TruSurround HD e incluso integra un modem 3G para facilitar
a súa conectividade sen fÃos mediante banda larga móbil (polo que non serÃa de
sorprender que puidera adquirirse de xeito subvencionado xunto cunha tarifa
plana de datos).