Lenovo amosa un ordenador coa forma da nave de Star Trek
luns, 1 de outubro do 2018
Na feira
Lenovo Tech World amosaron un produto ideal para os seareiros da serie televisiva
Star Trek, que consiste nun ordenador
de sobremesa cunha configuración de alta gama, óptimo para gaming e cun proxector de vÃdeo integrado, que externamente semella unha
maqueta da nave USS Enterprise NCC-1701 que capitaneaba James T. Kirk na serie televisiva orixinal (aÃnda que coas concesións que permitan albergar un ordenador no seu interior).
O novo Tiburn Enterprise Star Trek PC non só ten a forma da nave Enterprise,
senón que a súa configuración é de auténtico infarto, podendo equiparse cun
procesador Intel Core de última xeración, até 32 GB de RAM (DDR4), 2 TB de
disco duro, 1 TB de SSD (en formato M.2), gráfica nVIDIA GeForce RTX 2080 e cun
proxector de vÃdeo integrado de 400 lumenes.
Polo momento non sabemos se Lenovo levará este impresionante equipo fóra do
mercado chinés, aÃnda que semella probable, xa que ten todos os boletos para converterse
nun obxecto de desexo para os trekkies
de todo o mundo que poidan permitirse un equipo informático de alta gama (que
facilmente superará os 2.000 euros).
VÃdeo no que amosan brevemente o novo equipo de Lenovo