Logitech lanza un soporte para o portátil que permite facer uso do rato
martes, 15 de setembro do 2009
AÃnda que non son
produtos que precisen de alta tecnoloxÃa,
para moitos usuarios resultan imprescindibles, de aà que Logitech teña toda
unha gama de soportes e coxÃns que axuden ao uso de ordenadores portátiles
en distintas situacións, sendo a última novidade a este respecto o Portable
Lapdesk N315, que é unha base que protexe as pernas do usuario da calor
xerada polo portátil, permite que o equipo non esvare e incluso sorprende por
contar cunha alfombriña retráctil para poder utilizar o rato informático
incluso sentados no sofá, evitando a incomodidade dos touchpads.
Este accesorio funciona para portátiles PC e Mac de ata 15,6 polgadas, véndese
a 29,99 euros e para non deixar de sorprender, a súa parte superior pode
limparse de xeito doado (podendo colocarse incluso debaixo dunha billa de auga
para que quede impoluta despois dun uso intensivo.
- A albombriña para o rato do Portable Lapdesk N315 pode recollerse cando non se use