Mafia III chega ás tendas de videoxogos
venres, 7 de outubro do 2016
2K pon
hoxe á venda o xogo desenvolvido por Hangar 13 que continúa unha franquÃa de
grande éxito, Mafia III, que podemos mercar para PC, Xbox One
e PlayStation
4, existindo tamén un xogo de combates RPG para móbiles que podemos descargar
de balde para iOS e para
Android, Mafia III: Rivales, que
parece deseñado simplemente para promocionar a marca do seu xogo grande.
A versión para ordenadores persoais ten un prezo de 49,99 euros, mentres que nas consolas de nova xeración haberá que pagar 69,99 euros para facerse con este novo tÃtulo.
Mafia III está ambientado 6 anos
despois de Mafia II, mudando a clásica
narrativa cinematográfica de Mafia
cara a un mundo aberto, no que Lincoln Clay desenvolverá a súa vinganza contra
a mafia italiana. O protagonista do xogo, terá que levantar unha nova familia das cinsas da anterior e rematar
ao responsable da aniquilación da mafia negra.
Neste novo xogo os tiroteos, as loitas a puñazos, e a condución temeraria invadiran
as rúas de New Bordeaux, a New Orleans de 1968 reinventada, na que haberá que
ensuciar as mans para chegar ao máis alto dos baixos fondos.
- A violencia asolagará as rúas de New Bordeaux en Mafia III
Tráiler de lanzamento de Mafia III