Mahjongg Artifacts achega un atractivo solitario á PSP

mércores, 9 de xuño do 2010 Marcus Fernández

Mahjongg Artifacts cun deseño de fichas inspirado en Grecia

A PlayStation Network incorporou hoxe á súa tenda de descargas un novo xogo mini a 4,99 euros, Mahjongg Artifacts, que é un interesante título baseado nun solitario coñecido coma Shanghai e que tradicionalmente xógase con fichas de MahJong, e que consiste en atopar parellas de pezas amontoadas, que poden apartarse do taboleiro só cando estean en posicións exteriores, ou sexa, cando non teñan outra peza enriba ou bloqueando os seus lados, mesturando estratexia e agudeza visual, pero que desta volta disfrázase cunha historia de xeito que avanzarase a través de 25 deseños de 5 exóticas culturas (China, Grecia, Exipto, México e Atlántida) que serven de debuxo para as pezas do xogo.
Tamén é posible xogar nun modo clásico no que o número de deseños dispoñibles serán seleccionables polo xogador entre un total de 100, con 27 fondos. Cómpre destacar que Mahjongg Artifacts non só funciona na PSP, senón que é compatible coa PS3.

O xogo emprega fichas de MahJong

PUBLICIDADE