Minecraft: Story Mode xa está dispoñible en todas as plataformas
xoves, 15 de outubro do 2015
Finalmente
o xogo Minecraft: Story Mode
estreou o seu primeiro episodio titulado The
Order of the Stone, de xeito que os afeccionados a esta franquÃa
multi-plataforma de grande creatividade poderán gozar dunha completa historia
ambientada na mesma e desenvolvida polo estudio Telltale Games, que tanto éxito
colleitou con xogos como The Walking Dead
ou Back To The Future: The Game, que
nesta ocasión sorprenden especialmente por conseguir programar o lanzamento de todas
as versións deste tÃtulo na mesma semana, cando habitualmente as versións para
dispositivos móbiles chegaban semanas máis tarde.
Deste xeito xa podemos mercar
os cinco capÃtulos do xogo en Steam (recibÃndoos segundo vaian saÃndo) por
22,99 euros; o primeiro capÃtulo para
Xbox 360, Xbox
One, PlayStation
3 e PlayStation
4 tamén pode xa mercarse por 5,99 euros (ou 29,99 euros a tempada completa);
e a
aplicación para iOS tamén pode adquirirse por 4,99 euros, mentres que o
xogo en Android ten un prezo un tanto peculiar (5,38 euros), integrando
ambos compras dentro da aplicación para poder facerse co xogo completo.
- Este xogo de Minecraft consegue que o mundo creado por Mojang pase dun contorno aberto á creatividade do usuario a unha aventura con toma de decisións, o que supón un grande contraste de mecánicas de xogo