Movistar comeza a soportar as eSIM dos novos iPhone

luns, 5 de novembro do 2018 Marcus Fernández

A implantación das tarxetas de telefonía móbil virtuais en España va a un ritmo pausado, e tras a entrada de Orange e Vodafone chega finalmente Movistar, aínda que só de xeito limitado e forzado practicamente polo lanzamento dos novos iPhone, de xeito que por fin teñen dispoñibles as eSIM para novas altas de liña, cambios na tarxeta actual ou co servizo multiSIM para o iPhone Xs, o iPhone Xs Max e o iPhone Xr, pero deixando fóra dos smartwatches como as versións LTE do Apple Watch ou o Samsung Galaxy Watch, que si están soportados pola competencia.
Ao igual que unha tarxeta SIM física, Movistar está a distribuír os cartóns das tarxetas virtuais nas que se inclúe os códigos PIN e PUK das novas eSIM, incluíndo tamén un código QR que facilita a súa integración nos novos iPhone, nos que para instalar a liña asociada chega con ir a Axustes, seleccionar Datos móbiles e ao Engadir plan de datos móbiles escanear o código QR antes citado coa cámara do smartphone, tras o que poderemos confirmar que queremos engadir este novo plan de datos móbiles.
Coa incorporación dunha eSIM a un iPhone podemos non só evitar usar tarxetas SIM físicas, senón que tamén podemos combinar unha SIM virtual cunha SIM física, conseguindo así ter un iPhone dual SIM, atendendo a unha demanda histórica por parte dos seareiros da compañía da mazá.

PUBLICIDADE