Nokia incorpora Windows Live á súa Serie 60

venres, 24 de agosto do 2007 Marcus Fernández

Nokia e Microsoft chegaron a un acordo de colaboración de xeito que os móbiles da compañía finlandesa co sistema operativo Symbian S60 terán acceso a servizos Windows Live coma Hotmail, Messenger, Contacts e Spaces, estando dispoñible en 11 países (entre os que se atopa España). O servizo será inicialmente de balde, pero se agarda que máis adiante precise o pagamento dunha cota mensual.
Deste xeito, os posuidores de terminais Nokia N73, N76, N80 Internet Edition, N93i e N95 poderán descargar a nova aplicación de Microsoft para os seus móbiles, agardándose que a comezos de 2008 tamén se acheguen ós terminais da Serie 40.
A incorporación dos servizos de Microsoft permitirá ós usuarios de móbiles Nokia levar a súa vida na Rede a calquera lugar, pois poderán atender as súas mensaxes de correo electrónicos e instantáneas, así como publicar no servizo de blogs da compañía de Redmond.

PUBLICIDADE