Novas tabletas gráficas Bamboo de Wacom
martes, 27 de setembro do 2011
Wacom actualiza a
súa familia de tabletas
gráficas Bamboo cun novo deseño (que no caso dos modelos de cor gris
metálico encaixa co deseño de equipos de Apple) e que soportan xestos
multi-táctiles sobre a súa superficie con ata 4 dedos e que poden funcionar sen
fÃos grazas ao Wireless Accesory Kit (accesorio
á venda por 39,90 euros). Estas tabletas gráficas chegan en varios modelos,
que parten dunha básica Bamboo Pen (que carece de función multi-táctil, da
posibilidade de conectarse ao ordenador sen fÃos e custa 59,90 euros),
a ordinaria Bamboo Pen & Touch (que inclúe función multi-táctil, 4 ExpressKeys
e véndese
a 89,90 euros), e logo as elegantes Bamboo Fun (dispoñibles en 2 tamaños distintos
por
99,90 e 199,990
euros respectivamente).
Este tipo de dispositivos son ideais para deseñadores e outros profesionais (sen
entrar nos grandes tamaños das tabletas gráficas que habitualmente utilizan
arquitectos e outros enxeñeiros), aÃnda que o feito de que tamén soporten
xestos multi-táctiles fan que o seu uso como se foxe un Magic Trackpad
incremente as súas posibilidades, polo que son unha solución moi versátil e
atractiva incluso para equipos domésticos.