Artigos desta sección
O sector TIC galego creou preto de 1.400 postos de traballo en 2021
O sector das novas tecnoloxías da información da nosa terra foi quen de xerar 1.397 postos de traballo en 2021, un 7,2% máis que o ano anterior, o que supón o incremento máis elevado dos últimos cinco anos cun total de 20.740 empregados. Así se fai saber no estudo Empresas TIC sobre a Sociedade da Información en Galicia. Edición 2021, elaborado polo (...)
Ler máisA exposición que conmemora o centenario de Telefónica inaugúrase no Vello Cárcere de Lugo
O Vello Cárcere de Lugo acolle este venres 19 de abril a inauguración da exposición organizada pola Asociación Sénior de Telefónica en Lugo con motivo da conmemoración do centenario da compañía. A mostra está composta por 170 fotografías, equipos e materias que percorren os 100 anos de Telefónica na provincia. Na apertura da exhibición participou o deputado de (...)
Ler máisA UVigo acolle este luns un workshop de Ferran Adrià da man da Rede de Cátedras de Telefónica
A Rede de Cátedras de Telefónica súmase á celebración do centenario da compañía de telecomunicacións cunha iniciativa única protagonizada por Ferran Adrià, en palabras da Rede “un dos mellores chefs do mundo e embaixador de Telefónica desde 201”. O cociñeiro visitará a Universidade de Vigo este luns, 22 de abril, para pronunciar unha conferencia e levar a cabo un (...)
Ler máisAquí faltan páxinas adicou o seu novo podcast a Avelina Valladares
A Deputación de Pontevedra ven de celebrar o cuarto faladoiro do programa Aquí faltan páxinas, unha escolma de historias de mulleres relevantes e ligadas á provincia de Pontevedra que a institución provincial está a rescatar para o seu coñecemento por parte do gran público. Desta volta a escritora estradense Avelina Valladares foi a protagonista, da man da (...)
Ler máisO Dicionario da RAG engade novas entradas e modifica e amplía termos
O Dicionario da Real Academia Galega (RAG), unha ferramenta tan útil como necesaria, vén de ampliar contidos a súa base de datos engadindo novas entradas. Entre elas: agachamento e anicamento, teito de cristal, cultura da cancelación, escaleta ou esgrafiado. O Seminario de Lexicografía engadiu na última actualización a esta ferramenta fundamental da lingua (...)
Ler máisLaLiga quere levar ao xulgado a Google, Apple e Huawei por non bloquear unha aplicación de IPTV
En abril de 2022 LaLiga conseguiu que o Xulgado de Instrución nº 1 de Cieza ordenase a Google e Huawei a retirada das súas tendas de aplicacións un dos reprodutores de IPTV máis populares, newPlay, por facilitar o acceso ilegal aos partidos de fútbol de LaLiga, e agora estarían a ir un paso máis aló, e pretenden citar como investigados aos directores de Google, (...)
Ler máisA USC e Política Lingüística recoñecen a aposta polo galego do alumnado da USC nos seus traballos académicos
Este xoves 18 de abril celebrouse en Santiago, no Paraninfo da USC, o acto de entrega dos XIX Premios á Calidade Lingüística, uns recoñecementos impulsados pola Universidade de Santiago co apoio da Consellería de Cultura e Educación (a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística) para fortalecer e reivindicar o emprego da lingua galega na elaboración e na (...)
Ler máisSmartPEME achegou máis de 2.000 atencións a case medio milleiro de empresas
A Deputación de Pontevedra, a través do presidente Luis López, fixo balance da actividade recente xerada polo programa de formación tecnolóxica SmartPEME, co que a institución provincial quere contribuír á transformación dixital de pequenas e medianas empresas e persoas autónomas. Segundo fixo saber, SmartPÉME achegou máis 2.000 atencións a preto de 500 (...)
Ler máisAmes entrega os diplomas do curso básico de informática para a adaptación dixital
O alcalde de Ames e responsábel da área de novas tecnoloxías, Blas García, entregou hoxe os diplomas do curso básico de informática para a adaptación dixital. Esta actividade realizouse na aula AMTIC, do 11 de marzo ao 17 de abril. Tivo unha duración de 20 horas e participaron 12 (...)
Ler máisAté 600 estudantes de toda Galicia participan este venres na Competición de Robots da UVigo
O Campus de Vigo acolle este venres a sétima edición da Competición de Robots da UVigo. Participarán arredor de 600 estudantes de institutos e universidades de toda Galicia poñendo a proba os seus robots na EE Industrial. A cita comezará ás 10.00 horas deste venres 19 e está dirixida a estudantes de ciclos medios, PAS, PDI e público externo. Organiza a Escola (...)
Ler máis0 | ... | 170 | 180 | 190 | 200 | 210 | 220 | 230 | 240 | 250 | ... | 42540