Artigos desta sección
Máis da metade dos mozos internautas acceden á Rede dende o móbil
O 6º Observatorio de Tendencias, elaborado pola consultora de investigación social e de mercado Conecta para saber máis sobre a relación que teñen os mozos e mozas coa tecnoloxía actualmente, vén de confirmar o que máis ou menos xa todos sospeitabamos: “o acceso a Internet a través do móbil entre este colectivo está en auxe”. Grazas a este estudo podemos (...)
Ler máisO CEESG trae a Santiago unha obra de teatro creada a raíz dun blog participativo
O Colexio de Educadoras e Educadores Socias de Galicia, do que falamos hai unhas semanas para dar conta da súa nova vida dixital, está estes días de celebración. De feito, cumpre dez anos de actividade, e que mellor cousa para conmemoralo que cinguir na mesma actividade o pulo á profesión, o sentido do humor e as novas tecnoloxías? Estes son algúns dos piares (...)
Ler máisA Rede Amiga 2.0 da UDC acada máis de 3.000 membros no seu primeiro ano de vida
Apostar polas redes sociais non é crear un perfil en Facebook e agardar a que a xente se agregue por mandato divino, non. Apostar polas redes sociais é facer o que fixo a Universidade da Coruña hai algo máis dun ano: poñer en marcha o proxecto 2.0 Rede Amiga da UDC e crear a súa propia conta en Linkedin, Twitter, Facebook, Youtube, Flickr e Tuenti, para dende (...)
Ler máisA galega Aldaba fortalece a nube cun innovador sistema de certificación
Se hai unha materia pendente no eido da computación da nube, probablemente esta radique na seguridade. Ou sexa, na posibilidade de levar a cabo todo tipo de operacións na Rede (que é no que consiste a fin de contas a nube), dende trámites a labores de xestión, cun 100% de garantías sobre a privacidade dos nosos datos e da autenticidade das outras persoas que (...)
Ler máisGoogle Translate estrea aplicación para iOS
Os usuarios de terminais con Android hai tempo que poden facer uso de Google Translate, unha aplicación que aproveita o servizo de tradución de Google para converter entre 2 das máis de 50 linguas soportadas os textos que introduzamos, dos que 15 poden recoñecerse a viva voz e 23 poden ditarse a partir do seu texto correspondente, o que non era posible para (...)
Ler máisUn cativo gasta máis de 1.000 libras en Xbox LIVE e a súa nai culpa a Microsoft
O Daily Mail publicou unha nova bastante rechamante pola reacción dunha nai solteira de Strood (Kent, Inglaterra) quen bota as culpas a Microsoft pola factura de 1.082,52 libras esterlinas (1.275,95 euros) correspondente á adquisicións de descargas dixitais para a Xbox 360 por parte do seu fillo de 11 (...)
Ler máisOs consumidores denuncian dúas webs por publicidade enganosa
A Asociación Xeral de Consumidores (ASGECO), vén de anunciar que acolle, segundo afirma, “con satisfacción”, o inicio de actuacións de oficio contra as webs Globaliza.com e Idealista.com, por suposta publicidade enganosa, que poderían dar lugar á apertura de sendos expedientes sancionadores. A Confederación asegura que as devanditas web “poderían estar (...)
Ler máisProposta colectiva para fomentar a lectura do galego en YouTube
Se antes da Rede os atrancos para facer unha lectura colectiva e perdurable de obras en galego podían ser moitos e variados, agora coas redes sociais e outras ferramentas baixa (e moito) a cifra de impedimentos. A principal vantaxe, entre outras, é que o que se fai pódese recuperar logo con total liberdade e a golpe de click. Asemade, ninguén ten que (...)
Ler máisPulo ás oficinas de software libre das tres universidades galegas
O software libre vén de converterse nun piar fundamental para a maioría das empresas e entidades públicas do noso país, que apostan polas aplicacións en código aberto para desenvolver a súa actividade profesional diaria. Por algo a nosa é unha das Comunidades españolas con maior proporción de empresas que instalan e desenvolven software libre e tamén onde as (...)
Ler máisEGANET certifica o seu posicionamento contra a exclusión dixital
Tal e como avanzamos, en breve teremos ocasión de participar nun congreso dirixido a pór de relevo a importancia de acadar unha Sociedade da Información que non deixe a ninguén fóra, sexa por ter unha diversidade funcional sexa por calquera outro motivo. En concreto, a xuntanza encamíñase a afondar na importancia destas accións dende os primeiros treitos do (...)
Ler máis0 | ... | 31480 | 31490 | 31500 | 31510 | 31520 | 31530 | 31540 | 31550 | 31560 | ... | 42540