Artigos desta sección
ADECES suspende a Ya.com, Tele2, Vodafone e Orange en atención ao consumidor
Semella que as operadoras de telefonía teñen departamentos enteiros procurando de xeito exclusivo métodos sutís de enganar ou foder ao cliente sen que se poida demostrar isto ao cen por cen. Isto é especialmente grave coa captación de clientes (son ben numerosos os casos de persoas maiores que descobren que se lles cambiou de firma provedora sen o seu (...)
Ler máisPrevese rematar a rodaxe de O Apóstolo esta semana
Ao longo dos últimos meses, un equipo de máis de 70 persoas leva traballando a reo no estudo da produtora santiaguesa Artefacto Producciones, para rematar a tempo a que será a primeira película de animación stop motion estereoscópica do noso país e de toda Europa: O Apóstolo, un film de animación do laureado Fernando Cortizo que recrea o Camiño de Santiago dun (...)
Ler máisOs envíos de spam e phishing incrementáronse de novo en abril
As mensaxes de spam e phishing realizados dende os servidores web de EEUU, representaron no pasado mes de abril, segundo informan dende Symantec, “o 42 por cento da distribución global de correo malicioso no noso país, aínda que o 26 por cento foi orixinado en outras rexións”. A compañía de seguridade informática achega estes datos referentes ao estado do (...)
Ler máisDygra Films leva ao neno Xesús ao Festival de Cannes
O Boulevard de La Croisette, en Cannes, a capital do cine que cada ano recibe milleiros de visitantes sedentos de ver films de calidade e películas con novas temáticas e historias coas que ser sorprendidos, vén de recibir a visita dun peculiar personaxe: un neno Xesús de grandes proporcións que se paseou por esta peculiar rúa da man de Dygra Films. O motivo (...)
Ler máisUltímanse os preparativos do I Foro Galego de Cloud, a celebrar o xoves
O vindeiro xoves, 20 de maio, o Centro de Novas Tecnoloxías de Santiago de Compostela vai dar acollida ao I Foro Galego de Cloud, un evento tecnolóxico que, lonxe de ser un mero lugar de encontro entre empresarios e distribuidores, pretende converterse nun punto de referencia en España no que se darán cita distintas administracións e empresas preocupadas (...)
Ler máisUnha curta feita por nenos españois e xordanos: nova achega ao festival galego Animacam.tv
O festival galego Animacam.tv vén de anunciar o seu apoio á irmandade tecnolóxico-audiovisual entre nenos españois e xordanos posta en marcha os días pasados por PDA co fin de unir culturas a través da creatividade. Máis polo miúdo, o dito certame en liña (que se organiza dende Sandías, Ourense, para comunicar entre si a internautas e animadores de todo o mundo), (...)
Ler máisNovo número da nosa edición impresa
Como tódolos meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF. Nesta nova entrega dedicámoslle unha especial atención á celebración conxunta do Día das Letras Galegas e do Día da Internet, completando a información cunha achega ao (...)
Ler máisDeclaración institucional da Xunta de Galicia co gallo da conmemoración do Día da Internet
Hoxe, día de Internet, a Xunta de Galicia quere celebrar con todos os galegos os avances que achega a Rede e facer balance dos pasos que quedan por dar para non perder o tren da sociedade da Información. A coincidencia coa celebración do Día das Letras Galegas é tamén un bo motivo para lembrar os instrumentos que proporcionan as novas tecnoloxías para (...)
Ler máisGoogle deixa de vender directamente o Nexus One
Pese a que aínda non chegou oficialmente a España, o Nexus One leva varios meses á venda nos EE.UU. con pouca fortuna, o que levou a Google a corrixir a súa política de comercialización, de xeito que eliminan a súa imposición de vender o terminal exclusivamente a través da Internet, e incluso recomendan outros terminais baseados en Android coma o Droid (...)
Ler máisUnha aplicación permite sincronizar o iPhone por Wi-Fi
O programador Greg Hughes desenvolveu unha aplicación para o iPhone que permite sincronizar os contidos do móbil de Apple a través de Wi-Fi, de xeito que, sen conectar fisicamente o dispositivo ao ordenador engánase a iTunes para actualizar os contidos entre o ordenador e o móbil, o que era unha prestación demandada polos usuarios dende hai moito tempo, pero (...)
Ler máis0 | ... | 33110 | 33120 | 33130 | 33140 | 33150 | 33160 | 33170 | 33180 | 33190 | ... | 42430