O BNG pide subvencións para as zonas de sobra da TDT

martes, 13 de outubro do 2009 Marcus Fernández

O Bloque Nacionalista Galego presentou unha proposición non de lei no Rexistro do Congreso na que pide que o Goberno conceda axudas aos fogares de poboacións que non poderán sintonizar a TDT tras o apagamento analóxico do vindeiro 3 de abril por estar en zonas de sombra.
O Goberno comprometeuse a que os cidadáns afectados poderán optar polas comunicacións vía satélite para recibir o sinal televisivo, pero dende o BNG aseguran que iso creará un período de transición no que quedarán sen televisión, posto que non poderán solicitar a colocación das correspondentes antenas parabólicas ata o devandito apagamento, e os custos correrán a cargo dos usuarios.
A solicitude nacionalista instaría a incluír aos afectados no Plan de Actuacións de Apoio a colectivos con risco de exclusión nos Proxectos de Transición á TDT, para evitar que estes fogares «asuman o custo íntegro pola colocación de antenas específicas».

PUBLICIDADE