O BlackBerry Classic sae á venda en Norte América
mércores, 17 de decembro do 2014
Hai pouco máis dun mes BlackBerry abrÃa en Norte América as reservas para o seu novo smartphone BlackBerry Classic, unha volta ás orixes da compañÃa canadense que busca desesperadamente recuperar cota de mercado e manter usuarios. AÃnda que en España non veremos o produto até 2015, hoxe púxose á venda por 449 dólares nos EE.UU. e por 499 dólares en Canadá, polo que durante os vindeiros dÃas comezaremos a ver cal é a recepción do público dun dispositivo que dá a impresión de que vai ter unha boa acollida entre os incondicionais da marca, que poderán gozar dun smartphone moderno que mantén o deseño dos teléfonos da época dourada de RIM.
Lembremos que ese novo terminal conta cun tan demandado teclado fÃsico QWERTY baixo unha pantalla cadrada de 3,46 polgadas cunha resolución de 720 x 720 pÃxeles (que permite unha boa reprodución de contidos). Este smartphone 4G funciona cun procesador Qualcomm de dobre núcleo a 1,5 GHz, ten 2 Gb de RAM, 16 Gb de almacenamento interno, cámaras de 8 e 2 MpÃxeles, Wi-Fi N e Bluetooth 4.0, polo que estarÃa na liña de moitos terminais de gama media no mercado pero, aparte de gozar do mencionado teclado fÃsico, tamén buscarÃa gañarse o favor dos usuarios cunha boa autonomÃa. Para paliar a falta de aplicacións para BlackBerry 10 lembremos que esta plataforma conta coas ferramentas para poder correr aplicacións para Android.